Mega Man Legacy Collection 2 completa a primeira serie de xogos de Mega Man
martes, 8 de agosto do 2017
En
2015 Capcom quixo recuperar
os seis primeiros xogos de Mega Man nun recompilatorio chamado Mega Man Legacy Collection que saÃu
para Xbox One, PS4, PC e Nintendo 3DS, servindo asà de homenaxe ao célebre
bombardeiro azul e hoxe dá continuidade a este produto pondo á
venda para Xbox One, PlayStation
4 e PC
(Steam) Mega Man Legacy Collection 2,
unha colección que recolle os xogos que van dende Mega Man 7 até Mega Man 10
a un prezo de 14,99 euros (podendo mercarse ambas recompilacións de xeito
conxunto por 24,99 euros).
Este nova compilación non só inclúe os xogos orixinais, senón que tamén
incorpora os contidos descargables que saÃron para Mega Man 9 e Mega Man 10,
o que facilita a súa superación mediante modos de xogo máis doados. Tamén
inclúese moito contido adicional, como retos, un reprodutor musical e incluso
unha completa galerÃa de ilustracións.
Temos asà unha magnÃfica oportunidade para que os seareiros de Mega Man poidan
lembrar algúns dos seus clásicos, mentres que os novos xogadores tamén poden
asà achegarse a un personaxe que é toda unha icona, e experimentar asà en primeira
persoa como chegou a tal consideración.
- Este último recompilatorio recolle os 4 últimos xogos da saga orixinal de Mega Man
- O xogo é unha fiel reprodución das entregas clásicas de Mega Man, sen modificacións gráficas
Tráiler de lanzamento da Mega Man Legacy Collection 2