MediaGate M²TV: completo reprodutor multimedia de alta definición

venres, 24 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Os reprodutores multimedia domésticos están a pórse as pilas coa alta definición, e MediaGate achega ao mercado o seu novo reprodutor multimedia M²TV, que é un dispositivo de pequeno tamaño (165 x 165 x 36 mílimetros) que conta con saídas HDMI, por compoñentes e de vídeo composto de ata 1.080p, que aproveita esta alta definición para amosar fotografías (JPEG, PNG, GIF, BMP e TIFF), reproducir música (MP3, WMA, AAC, MP2, WAV, FLAC e outros formatos) e vídeo nos formatos máis populares (AVI, WMV9, MKV, Xvid, H.264, VC-1, RealVideo 10, MPEG-1/2/4, VOB, ISO, TS e MOV) con soporte de subtítulos (Srt, Smi, Sup, SSA e Idx+Sub).
Os contidos achégaos de tarxetas de memoria SD, MMC ou Memory Stick, así como a través de memorias USB ou discos duros externos. Todo un soño para unha completa reprodución multimedia que parte dun prezo de 119,99 dólares (90,77 euros), aínda que parece ser posible conseguilo incluso a prezos inferiores.

O M²TV conta con saídas por compoñentes, de vídeo composto e HDMI

PUBLICIDADE