Max Payne 3 estrea o seu trailer de lanzamento

venres, 11 de maio do 2012 Marcus Fernández

O venres da semana que vén chegará oficialmente ás tendas ás versións para Xbox 360 e PlayStation 3 do agardado xogo Max Payne 3 (os usuarios de PC deberán agardar ao 1 de xuño), e para quentar os últimos días de espera Rockstar Games estrea o trailer de lanzamento do xogo, no que lembran o tráxico pasado de Max, mentres reflexiona sobre os acontecementos que o levaron da súa vella vida en New York a unha situación descontrolada no Brasil.
Pero aínda que o lanzamento do xogo para PC chegue con certo retraso, os usuarios que o reserven a través de Stream levarán de balde as dúas primeiras entregas do xogo (que xa adquirise os xogos a través de Steam poderá agasallar a nova copia a un amigo). Amais, quen se sume en Stream á comunidade de xogadores de Rockstar antes do 15 de maio recibirán unha copia do xogo de velocidade Midnight Club 2.


Trailer de lanzamento do xogo con subtítulos en español

JPEG - 168 KB
A transformación física de Max Payne pode notarse grazas ao sistema narrativo do xogo, no que repásase parte da vida deste carismático personaxe

PUBLICIDADE