MaskFone: a máscara con auriculares Bluetooth
venres, 30 de outubro do 2020
Durante
a pandemia as máscaras convertéronse xa nun accesorio de uso cotián, e
aproveitando iso hai compañÃas que están a desenvolver solucións tecnolóxicas que
principalmente buscan ter éxito grazas a ser unha novidade que resulta moi
rechamante neste momento, como a MaskFone,
unha máscara reutilizable equipada con filtros FFP2 intercambiables que integra
auriculares sen fÃos para que poidamos escoitar música ou atender a chamadas
telefónicas comodamente durante o seu uso.
Este produto que verá a luz o vindeiro 8 de novembro véndese
a un prezo de 49,99 euros, o que pode parecer bastante caro se temos en
conta que realmente estamos ante unha simple máscara reutilizable cun peto no
que agochar o cable e os botóns duns auriculares sen fÃos (que semellan ser os Motorola
Verveloop105, que custan
menos de 28 euros).
Resulta evidente que os auriculares non poden formar parte da máscara, polo feito
de que hai que extraelos para poder lavala, do que podemos deducir que non se
trata dunha solución moi práctica, e serÃa moito máis recomendable empregar
auriculares sen fÃos que non estivesen integrados na máscara.
Semella que estamos ante unha solución ante un problema que non existe (o uso
de auriculares sen fÃos non interfire co uso de máscaras), e a única vantaxe posible
da MaskFone serÃa o feito de ter situado o micrófono dentro do peto que integra
a máscara, ou sexa, moi preto da boca, facendo que a voz se escoite
lixeiramente mellor que por fóra da máscara. Pola contra, ter que premer nuns
botóns situados contra o queixelo para controlar a reprodución e o volume dos
auriculares non é algo que resulte cómodo en absoluto, polo que non parece que vaiamos
estar ante un produto que cree tendencia, aÃnda que non sorprenderÃa que
aparecesen copias máis económicas nos vindeiros meses.
- A MaskFone é unha máscara reutilizable que integra uns auriculares sen fÃos de Motorola