Marvel vs. Capcom: Infinite súmase ao programa XBOX Play Anywhere

martes, 27 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

O pasado mes de setembro chegou ás tendas o xogo de loita Marvel vs. Capcom: Infinite, en versións para Xbox One, PS4 e PC, facilitándonos a participación en combates por equipos cun cadro de loitadores dos universos de Marvel e Capcom, que convídanos a superar o seu modo historia (no que os androides Ultrón e Sigma fusiónanse para destruír a vida orgánica, e haberá que superar numerosos combates para derrotar a súa ameaza) e continuar a diversión co seu modo arcade.
Pero até o momento o xogo estaba dispoñible en 3 plataformas separadas, o que vén de cambiar xa que, aínda que estaba dispoñible en Steam, agora tamén está na tenda de Windows 10 como un xogo de XBOX Play Anywhere, ou sexa, que quen pague 39,99 euros terá a versión de Xbox One e a de PC, podendo incluso compartir os progresos entre ambas plataformas e incluso facilitar que usuarios de Windows 10 poidan baterse en combate con usuario de Xbox One.
O xogo está optimizado para Xbox One X (consola na que poderá gozarse do xogo en 4K con HDR), e en Windows 10 tamén conta con todas as característica de Xbox One, coa vantaxe de que ao chegar máis tarde esta versión xa vén cos fallos iniciais corrixidos e con diversos cambios para equilibrar aos distintos loitadores.

PUBLICIDADE