Marvel vs Capcom 3 chegará ás tendas o 18 de febreiro

martes, 16 de novembro do 2010 Marcus Fernández

A portada do xogo para PS3

Tras o anuncio da incorporación de 2 novos personaxes ao xogo Marvel vs Capcom 3, agora temos información con máis contido sobre o agardado xogo de loita, pois Koch Media vén de confirmar que o xogo chegará a España o vindeiro 18 de febreiro (3 días despois que a EE.UU.), tamén publican a carátula do xogo nas súas versións de Xbox 360 e PlayStation 3 (cun deseño de Adi Granov, artista que deseñou a armadura cinematográfica de Iron Man) e decepcionan ao asegurar que a edición especial do xogo non estará dispoñible fóra de EE.UU. (aínda que é posible que existan distintas campañas de reserva do xogo en tendas españolas).
A devandita edición especial de Marvel vs Capcom 3: Fate of Two Worlds consistiría nunha copia do xogo nunha caixa de aceiro cunha portada especial, un cómic de 12 páxinas a xeito de prólogo, unha subscrición dun mes con acceso ilimitado ao servizo Marvel Digital Comics e a posibilidade de descargar 4 semanas despois do lanzamento do xogo os personaxes Shuma Gorath e Jill Valentine. Polo momento está dispoñible para a súa reserva na cadea de tendas GameStop a un prezo de 69,99 dólares (10 dólares máis que a edición ordinaria).

Detalles da edición especial de Marvel vs Capcom 3
Portada do xogo para Xbox 360

PUBLICIDADE