Marvel’s Spider-Man: Miles Morales confunde coas súas distintas versións
venres, 6 de novembro do 2020
Ao
presentar os xogos de lanzamento da PlayStation 5, consola que chegará a España
o vindeiro dÃa 19, houbo unha grande confusión xa que, tras aproveitar o xogo Marvel’s
Spider-Man como exemplo das melloras que poderÃa experimentar o tÃtulo ao
adaptarse da PS4 á PS5, anunciouse que terÃa unha especie de expansión que venderÃase
por separado na que Peter Parker serÃa substituÃdo por Miles Morales como
defensor da cidade.
Nun primeiro momento houbo grande confusión sobre se Marvel’s Spider-Man:
Miles Morales serÃa unha expansión ou un xogo independente, e tamén habÃa
moitas dúbidas sobre o xeito no que Marvel’s Spider-Man estarÃa dispoñible
para PS5, aÃnda que o máis rechamante foi que finalmente o xogo de Miles
Morales fose ter versión para PS4, xa que considerábase que era un xogo de
nova xeración e non interxeneracional. O feito de que a PS5 chegue a
EE.UU. o vindeiro dÃa 12, data na que sairá o xogo á venda, tamén suma
confusión, xa que asà serÃa posible gozar dun xogo de lanzamento de PS5 antes
da dispoñibilidade da propia consola, e incluso serÃa posible que un usuario de
PS4 completase o xogo en España un dos xogos de referencia de PS5 antes da
chegada desa consola a España.
Ante esta complexa situación, na que existen versións para PS4 e PS5 de dous
xogos distintos de Spider-Man, Sony veuse na obriga de publicar
unha táboa na que pretenden clarexar ao usuario a versión do xogo que debe
adquirir en función das consolas nas que queira xogalo.
Por unha banda os xogadores teñen que entender que Marvel’s Spider-Man:
Miles Morales pode adquirirse en edición fÃsica ou dixital, ambas a un
prezo oficial de 59,99 euros tanto na súa versión para PS4 como para PS5,
destacando a versión de PS4 por ofrecer a posibilidade de actualizar á versión
de PS5 totalmente de balde (sendo preciso ter en conta que coa edición fÃsica é
preciso contar cunha PS5 con lector de discos para poder gozar da actualización).
Para PlayStation 5 tamén haberá unha edición de luxo en fÃsico e dixital por
79,99 euros que inclúe o DLC La Ciudad Que Nunca Duerme e unha versión remasterizada
de Marvel’s Spider-Man que tamén pode conseguirse dende como compra
dentro da edición estándar do xogo de Miles Morales, ou sexa, que inicialmente Marvel’s
Spider-Man será retrocompatible, pero de querer gozar da súa versión
mellorada para PS5 haberá que mercar Marvel’s Spider-Man: Miles Morales,
o que decepcionou a moitos consumidores que daban por sentado que o xogo de
Peter Parker incluirÃa as melloras en PS5 sen custo adicional.
- Marvel’s Spider-Man: Miles Moreles chega en 6 versións, das que só as de PS5 abren a posibilidade de facerse coa versión remasterizada de Marvel’s Spider-Man