Marvel Heroes iniciará a súa beta o 1 de outubro
venres, 7 de setembro do 2012
- Marvel Heroes será un xogo con certas semellanzas a Diablo
Os personaxes dos comics da Marvel non só están a ter un importante
impacto na grande pantalla, senón que tamén están a ter bastante presenza nos
videoxogos, o que nos últimos dÃas percÃbese a través dun parte de tÃtulos, un
para PC e outro para dispositivos móbiles. Temos asà que Gazillion
Entertainment está a desenvolver Marvel
Heroes, un xogo de rol de acción multixogador (con certas semellanzas a Diablo) que o
vindeiro 1 de outubro abrirá a súa beta privada, de xeito que os
interesados en participar no perÃodo de probas do xogo poden inscribirse na páxina web oficial do tÃtulo.
- No primeiro episodio de Avengers Initiative controlaremos ao incrible Hulk
Os que queira xogar dende xa mesmo con personaxes da Marvel poden adquirir Avengers Initiative, xogo que xa está dispoñible
para iOS na App Store por 5,49 euros, e para
trebellos con Android en Google Play por 5,54 euros, e que na súa primeira
aventura ponnos baixo a pel de Hulk para localizar a distintos inimigos
(Wendigo, Abominación, kronanos e skrulls) aos que derrotar para protexer ao
mundo, cunha mecánica como a de Infinity
Blade e uns gráficos igual de impactantes. Os que adquiran o xogo recibirán
novos episodios de balde, nos que poderemos encargar a outros poderosos
Vingadores como o Capitán América, Thor e Iron Man.
Trailer de Avengers Initiative
- En Marvel Heroes farán acto de presenza personaxes como o Castigador e Daredevil