Mario Kart Tour proba o seu multixogador

xoves, 23 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

A chegada a iOS e Android de Mario Kart Tour converteuse en todo un fenómeno por permitir levar una experiencia de xogo semellante á dun Mario Kart de consola a dispositivos móbiles, pero faltáballe un detalle moi importante: a posibilidade de competir con outros xogadores.
O modo multixogadore de Mario Kart Tour está a piques de ver a luz, e para poder comprobar as súas posibilidades será posible probalo até o vindeiro día 28, período no que desenvolverase unha fase de probas que desta volta está totalmente aberta a xogadores de todo o mundo (e non só a subscritores de pagamento).
Cómpre ter en conta que, ao estarmos ante unha proba para detectar problemas e corrixilos antes do lanzamento oficial, o xogo pode presentar problemas de estabilidade, conxelarse, presentar retardos e outro tipo de fallos que irán arranxando paulatinamente para conseguir que a experiencia de xogo final sexa o mellor posible. Tamén hai que advertir de que este modo de xogo depende da posición xeográfica do usuario, polo que é preciso activar a localización do noso smartphone para poder empregala.

PUBLICIDADE