Mario Kart Tour chega a móbiles con iOS e Android

mércores, 25 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Rematou a espera! Mario Kart Tour está dispoñible para a súa descarga a través da App Store e da tenda de aplicacións de Google Play, e aínda que durante as primeiras horas da mañá os servidores do xogo estaban saturados e non permitían iniciar partida, a situación normalizouse e podemos dicir que é realidade o primeiro Mario Kart para móbiles.
Os cambios dos xogo fronte ás versións de consola son evidentes, xa que temos unha pantalla orientada en vertical (cando nos últimos anos o título de Nintendo apostara por unha disposición panorámica en horizontal), un sistema de control moi básico (en vez de botóns físicos controlamos ao noso personaxe con xestos en pantalla, de xeito que podemos desprazarnos lateralmente e utilizar obxectos, pero a aceleración é automática), numerosos circuítos que resultarán familiares para os incondicionais da franquía, e unha mecánicas de xogo que buscan levar ao xogador a pasar por caixa con certa periodicidade, sorprendendo o feito de que estreasen un modelo de subscrición.
En Mario Kart Tour, aínda que existen moitos xeitos de realizar micropagamentos por valor de entre 2,29 e 74,99 euros, temos a posibilidade de subscribirnos ao pase dourado, que por 5,49 euros/mes permitiranos obter premios dourados nas tempadas, conseguir as insignias dos desafíos dourados e desbloquear as carreiras da categoría de 200 cc.
O xogo permítenos ir desbloqueando circuítos e participar en numerosos torneos, equiparnos con distintos pilotos e vehículos, participar en desafíos que porán a proba a nosa técnica de condución e poderemos competir contra xogadores de todo o mundo. E aínda que esteamos ante un título móbil moi completo, carece da profundidade das versións de consola, de xeito que ambas poderán convivir a longo prazo

O pase dourado estamos ante a primeira ocasión na que Nintendo aposta pola subscrición como modelo de negocio en xogos para móbiles

PUBLICIDADE