Marco dixital con reprodución multimedia e radio FM

luns, 7 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O marco de Transcend detecta se está en posición vertical ou horizontal

Os marcos dixitais son un dispositivos cada vez máis habituais nos fogares, pero algúns fabricantes optan por dotalos de máis prestacións que a mera presentación de fotografías en pantalla e así temos opcións coma o Transcend T.photo 720, que na súa pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles permite amosar imaxes JPEG e BMP así coma vídeos (AVI, MOV, MPG, MP4 e 3GP). Tamén reproduce ficheiros musicais en MP3 (conta con altofalantes estéreo) e incorpora un sintonizador de radio FM.
O ficheiros deste marco gárdanse na súa memoria interna de 2 Gb, aínda que tamén se poden achegar os contidos grazas ao seu lector de tarxetas de memoria (microSD/SD/SDHC/MMC/MS/M2/CF).
Para completar este dispositivo que se vende a 129 dólares temos que detecta automaticamente se está en posición vertical ou horizontal, pode programarse para apagados automáticos, ten alarma (que pode activar a radio ou reproducir un tema en MP3) e tamén conta con funcións de reloxo e calendario.

PUBLICIDADE