Marco dixital con TDT
martes, 8 de setembro do 2009
Innovar nos
marcos dixitais é unha tarefa complicada, pois este tipo de produtos teñen que
manter un prezo moi axustado ante a elevada competencia, de aà que sorprenda
bastante que ASUKA presentase
na feira IFA 2009 o SK700, un marco de 7 polgadas cunha resolución
de 800 x 480 pÃxeles que integra un sintonizador de Televisión Dixital
Terrestre (con soporte de EPG, subtÃtulos e teletexto), sintonizador de radio
FM con RDS, reprodución multimedia (música, fotografÃas e pelÃculas) e altofalante
integrado.
Amais, contará con 2 ou 4 Gb de memoria interna ampliable a través de tarxetas
SD/MMC de ata 32 Gb e incluso poderá gravar o sinal televisivo e amosar vÃdeo
dende fontes externas. Polo momento non detallan o seu prezo final nin a data
de comercialización.