Marcelo Castelo organiza un novo faladoiro da serie Sin Filtro

martes, 14 de setembro do 2021

O vindeiro luns 20 de setembro ás 16:00 horas terá lugar unha nova edición de Sin Filtro, ciclo de retransmisións organizadas mensualmente polo divulgador Marcelo Castelo, que nesta ocasión consistirá nun faladoiro en directo con Rosa Cortada, responsable da Área de Sistemas de Información e Infraestruturas de Oxfam Intermón, e María José Carmona, CIO de Tradebe.
Neste evento que só poderá seguirse en directo debaterase sobre ideas, crenzas, medos e anhelos da vida; achegarase con retranca e humor ao sexo, a política e a relixión; e abordarán practicamente calquera tema non relacionado con tecnoloxía, xa que o obxectivo desta serie de faladoiros é desmontar a imaxe fría asociada ao profesional do sector TIC.

PUBLICIDADE