Maradona protagoniza un divertido xogo en Flash

luns, 28 de maio do 2007 Marcus Fernández

Os xogos en Flash resultan en moitas ocasións un divertimento sinxelo, efectivo e mesmo aditivo, polo que acadar certa sona tamén é habitual, como é o caso dun xogo desenvolvido por Peteco e publicado na web de El Mundo Deportivo, que nos permite meternos na pel de Diego Armando Maradona dándolle golpes a un balón (mediante o cursor do ordenador) para evitar que toque o chan.
O mini-xogo de Maradona non está exento da polémica, pois apareceu en moitos medios de comunicación (especialmente sudamericanos) outorgándolle a autoría do mesmo ó xornal deportivo español, cando era unha obra do arxentino Matías Bras Harriott.
El juego de Maradona, no que se pode ver ó xogador nos seus bos tempos, vestindo a equipación do Boca e acompañado de son ambiental dun estadio de fútbol durante un encontro, é así unha opción interesante para o tempo de lecer que destaca pola súa simplicidade, aínda que sorprende que o nome do Pelusa continúe a ter tanta forza na Internet.

PUBLICIDADE