ManyCam permite aplicar efectos ás videoconferencias

venres, 27 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Moitos usuarios de PC senten certa envexa ao ver coma os maqueiros poden empregar efectos especiais durante a realización de videoconferencias, pero un programa chamado ManyCam chega para solucionar esta carencia.
ManyCam funciona como unha webcam virtual intermedia, que toma a imaxe da nosa cámara web física e inserta efectos como integrar obxectos sobre a imaxe, amosar fondos personalizados, aplicar efectos especiais (modificando cores, efectos de lente, amosando lume cando nos movemos…), incrustando accesorios na cara do usuario (coma perrucas, ollos saltóns, cara de gato, cornos…) e outras opcións que enriquecen a experiencia de uso durante videoconferencias, o que é de agradecer especialmente ao ter en conta que esta aplicación é de balde.


Demostración dos efectos de ManyCam

PUBLICIDADE