Mans libres con só 5 milÃmetros de grosor
xoves, 16 de xullo do 2009
Newton Peripherals
presentou MoGo
Talk, un sistema de mans libres Bluetooth que chega en dúas orixinais
variantes: unha
para funcionar co iPhone e outra para empregar en ordenadores portátiles
para o Skype ou outras aplicacións de VoIP. Ambos sairán á venda en agosto por 99 dólares
(uns 70 euros) e comparten a meirande parte de caracterÃsticas técnicas (un
tamaño de 24 x 50 x 5 milÃmetros, un peso de 9 gramos, unha cobertura de ata 10
metros, unha autonomÃa en conversa de ata 4 horas e en espera dunha semana,
supresión de eco e compensación activa de ruÃdo) destacando a versión para
PC por incluÃr un adaptador que permite gardar o dispositivo nunha fenda Express
Card 34 ou 54, dende a que tamén carga o propio mans libres.