Maldita Castilla estreará versión para Nintendo Switch este mes
martes, 15 de xaneiro do 2019
O anuncio de que Abylight
Ãa levar os seus xogos Maldita Castilla e
Super Hydorah a Nintendo Switch foi
moi ben recibido en marzo do ano pasado, e finalmente rematou a espera, e
confirman que a
cita de Don Ramiro coa consola de Nintendo para salvar a Tolomera del Rey dunha
forza escura e demonÃaca será o vindeiro 24 de xaneiro, e aÃnda que o seu
prezo oficial sexa de 13,99 euros, os usuarios que o reserven a partires do 17
de xaneiro a través da Nintendo eShop poderán gozar dun desconto do 10%.
Maldita Castilla EX
é xa todo un clásico moderno, con versións para PC, PS4, PS Vita, Xbox One e
incluso Nintendo
3DS, nas que reflicte o espÃrito de xogos como Ghost’n’ Goblings, ao que rende homenaxe, pero mudando a súa ambientación
para situala en Castela, o que muda as súa referencias mitolóxicas.
A versión para Nintendo Switch de Maldita
Castilla EX funcionará a 60 imaxes por segundo, presenta 4 finais e 4 modos
de pantalla diferentes, permite explorar 8 completas fases nas que hai repartidos
máis de 48 inimigos e 19 xefes finais e, en definitiva, permÃtenos recuperar a
esencia dos xogos de recreativa de 16 bits e confirmar que a Nintendo Switch
está a converterse nunha das plataformas máis atractivas para os amantes do retro, cunha chea de lanzamentos nesta
liña.