Maldita Castilla EX chega a iPhone e iPad

xoves, 24 de outubro do 2019 Marcus Fernández

O xogo con aires retro creado por Locomalito e adaptado a consolas por Abylight, Maldita Castilla, chega por fin a iOS, de xeito que os amantes desta homenaxe ao clásico Ghost’n’Goblins poden gozar da mesma en iPhone e iPad, mantendo o seu aspecto de máquina recreativa e engadindo uns marcos aos lados nos que situar controis táctiles, aínda que os xogadores máis esixentes probablemente decidan xogar empregando controladores MFI para un manexo máis preciso.
Maldita Castilla EX é unha versión ampliada do Maldita Castilla orixinal (lanzado hai preto de 7 anos), que podemos descargar de balde para PC, achegando agora 8 fases de xogo, máis de 48 tipos de inimigos, 19 xefes finais e 4 finais posibles, conseguindo unha completa experiencia que para moitos compensará os 4,49 euros que custa este xogo que comercialízase dun xeito tradicional, en vez de optar pola fórmula do free-to-play (que podería casar ben con este título se temos en conta que quere replicar a máquinas recreativas tradicionais).
Este xogo xa foi adaptado a Nintendo 3DS e Nintendo Switch, polo que a súa xogabilidade en dispositivos portátiles está máis que contrastada, de xeito que a súa conversións a móbiles semella un paso natural que principalmente abre a posibilidade de gozar desta xoia de creación española nun maior número de dispositivos.

PUBLICIDADE