Máis de 4 mil mulleres da provincia de Pontevedra participan no programa Galegas Dixitais
venres, 25 de novembro do 2022
A Xunta de Galicia, a través da ConsellerÃa de Promoción do
Emprego e Igualdade, está a formar a máis de 4 mil mulleres da provincia de
Pontevedra en capacidades informáticas e tecnolóxicas ao abeiro do programa Galegas
Dixitais, co que se pretende mellorar a cualificación das participantes e
outorgarlles máis opcións de empregabilidade e emprendemento coa redución da
fenda dixital.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López,
acompañado pola xefa territorial de Promoción do Emprego, Marta Mariño, e
representantes municipais, visitou
esta mañá o desenvolvemento deste programa en VilagarcÃa de Arousa, que
comezou hai dez dÃas con 26 mulleres e a profesora Rita MarÃa Rey e estenderá
as súas actividades ata o 26 de decembro.
Esta actividade formativa, que inclúe un ordenador portátil
de agasallo para todas as participantes, está orientada a mulleres
desempregadas de municipios inferiores a 30.000 habitantes ou a traballadoras
ocupadas que estean inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e que
figuren como demandantes de emprego.
Durante a mesma impártense 135 horas formativas en tres
módulos, de idéntica duración cada un, consistentes en competencias básicas de
informática, competencias avanzadas de informática e iniciación de competencias
dixitais básicas para o emprendemento. Asà mesmo, estas ensinanzas
complementaranse cun módulo de igualdade.
Nesta primeira fase, Galegas Dixitais estase a
desenvolver en 25 localidades da provincia, entre as que tamén figuran, da
comarca do Salnés, as de Cambados e O Grove. Na segunda quenda, incorporaranse
outros 25 municipios, entre os que están incluÃdos os de Catoira, Pontecesures,
Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meis, Meaño e A Illa de Arousa.
O programa, que beneficiará a 10.000 mulleres de toda
Galicia coa celebración de 600 accións formativas en 60 localidades, está
promovido pola Xunta de Galicia e financiado a través dos Fondos Next
Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión
Europea.