Máis da metade das consultas en Google resólvense sen saÃr do buscador
mércores, 14 de agosto do 2019
Partindo de datos de máis de 40 millóns de buscas baseadas
en navegadores web en millóns de dispositivos móbiles e de escritorio en EE.UU.
manexados por Jumpshot, dende SparkToro dan conta dun fito histórico para Google:
máis
da metade das buscas realizadas non desembocan nunha páxina web externa.
Non estamos a dicir que Google non atine nos seus resultados, senón que achega
demasiada información, de xeito que os usuarios tendemos a atopar o que
buscamos dentro da propia Google, sen ter que facer clic sobre os resultados
para chegar á fonte orixinal, cumprindo asà un dos grandes obxectivos do
buscador, pero prexudicando seriamente a boa parte da web, que ve como Google vampiriza
o seu contido.
No segundo trimestre de 2019 os resultados de busca sen clic serÃan o 49,76%,
pero se concentramos o foco no mes de xuño temos que a porcentaxe chega ao
50,33%, ou sexa, que xa a maiorÃa dos resultados manterÃan aos usuarios dentro
de Google, o que poderÃa chegar a verse como un abuso de posición dominante,
especialmente se temos en conta que case a totalidade das buscas realizadas na
web (o 94%) corresponden a Google, compañÃa que acapararÃa o 69,35% das buscas
no seu buscador web xeral, o 20,45% no seu buscador de imaxes, o 2,98% en
YouTube e o 0,75% en Google Maps.
Dende SparkToro tamén matizan que Jumpshot só está a medir as buscas vÃa web,
non dende aplicacións móbiles, nas que a presenza de Google aÃnda é maior, de
xeito que a cota de mercado real de Google nas buscas superarÃa o 97%.
- Google acapara o 94% das buscas vÃa web