Magikarp protagoniza un novo xogo móbil de Pokémon
xoves, 25 de maio do 2017
AÃnda que ao falar de xogos de Pokémon e móbiles temos
asociada a idea de que o único xogo dispoñible é Pokémon Go, o certo é que The Pokémon Company ten varios mini-xogos
nas tendas de aplicacións baixo a fórmula do free-to-play, ou sexa, que podemos descargalos de balde e integran
compras, sendo o último tÃtulo en chegar Pokémon:
Magikarp Jump, dispoñible
de balde para Android e para
iOS.
Este xogo colle a un dos Pokémon máis patéticos da historia, Magikarp, e propón
que xoguemos a alimentar e adestrar a estas criaturas para enfrontalas en
campionatos de salto.
Pokémon: Magikarp
Jump permÃtenos criar varias xeracións de Magikarp, premendo sobre a comida
que figure en pantalla para alimentalos e facéndoos adestrar para que gañen
impulso para asà poder progresar en competicións de salto de altura.
Nesta tarefa tamén poden botar unha axuda outros Pokémon como Pikachu e Piplup,
e para animar a todo este proceso contaremos con tendas de obxectos e elementos
do xogo, que é no que se basea a súa economÃa, facilitándonos asà tanto unha
maior personalización estética e favorecer o desenvolvemento do Magikarp.
Un xogo tan sinxelo como ridÃculo, que agradecerán especialmente os seareiros
da franquÃa.