MSI trae a España o seu tablet con Windows 7

xoves, 13 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

O MSI WindTop 100W puido verse nun evento organizado por MSI en Taipei o pasado mes de decembro

Aínda que exista a percepción de que os dispositivos tipo tablet limítanse aos sistemas operativos de Apple e Google, existen distintos terminais que operan con Windows 7 Home Premium, coma o MSI WindPad 100W, que cunha pantalla multi-táctil de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, procesador Intel Atom Z530 a 1,6 GHz, gráfica Intel GMA 500, 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento flash, unhas medidas de 274 x 173 x 18,5 milímetros e un peso de 800 gramos (cunha batería de 2 celas que dálle unha autonomía de 6 horas) vén de pórse á venda en España por un prezo de 549 euros.
Este interesante tablet conta con 2 cámaras de 1,3 Mpíxeles, sensor de gravidade, sensor de luz, lector de tarxetas SD, Wi-Fi N, Bluetooth, entradas USB 2.0 e porto mini HDMI, de xeito que está moi próximo en posibilidades a un ordenador portátil, de aí que certos usuarios optarían por este tipo de produto antes que apostar por plataformas tan pechadas coma o iPad, aínda que cómpre recoñecer que o Windows 7 non é o mellor sistema operativo para unha pantalla táctil, de aí que MSI integre no seu equipo a interface de usuario Wind Touch, que facilita as funcións principais coma reproducir contidos multimedia, navegar pola web ou facer uso da mensaxería instantánea. Tamén conta con software de recoñecemento facial que protexe os datos de miradas alleas e facilita o acceso a distintos servizos que precisen contrasinal.


Análise en vídeo do MSI WindPad 100W

O MSI WindTop 100W facilita o uso da mensaxería instantánea (e a videoconferencia)

PUBLICIDADE