MSI presenta o seu tablet no CES

venres, 8 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

No CES de Las Vegas son moitas as compañías que apostaron este ano por adiantarse a Apple na presentación de equipos tipo tablet, e MSI, unha das compañías máis importantes na fabricación de ordenadores ultraportátiles, tamén amosa un equipo deste tipo, cunha pantalla multi-táctil de 10 polgadas, procesadores Tegra 2 e sistema operativo Android.
Polo momento non se coñecen máis detalles sobre este equipo, tanto técnicos coma relativos á súa data de lanzamento e ao seu prezo, polo que dá a impresión de que a guerra dos tablets vai demorarse uns meses.

PUBLICIDADE