MARVEL Future Fight, novo xogo de rol móbil con personaxes de banda deseñada

martes, 5 de maio do 2015 Marcus Fernández

Nun momento no que nos cines está a ter grande éxito o filme Los Vengadores: La Era de Ultrón, nas tendas de aplicacións móbiles a Marvel non está quieta, e ofrece MARVEL Future Fight, un xogo de rol free-to-play no que podemos xuntar aos grandes heroes da editorial norteamericana para participar nunha batalla épica.
O xogo parte dunha mensaxe do futuro de Nick Fury, o director de SHIELD, que avisa de que varias dimensións do multiverso están a colapsarse, polo que hai que formar un grupo para protexer o Universo. Pódese así crear equipos con vingadores como Hulk, Iron Man e o Capitán América, ou optar por outros heroes como Spider-Man e Daredevil, personaxes que poderemos potenciar mediante un sistema de niveis de RPG.
Neste título poderemos podemos participar en batallas de 3 contra 3, elixindo entre 4 clases de heroes únicos para enfrontar aos campións que elixamos con equipos de opoñentes; tamén teremos unha campaña individual na que teremos batallas épicas con superviláns en combates cunha profunda e inmersiva campaña de RPG individual para desbloquear contidos exclusivos, novos traxes e recompensas (sendo tamén posible facerse con melloras e bonificacións especiais formando equipos de personaxes clásicos da Marvel). MARVEL Future Fight tamén conta cun sistema de aliados, de xeito que pode convocarse a amigos para que fagan de reforzo e faciliten así a victoria como equipo. Todo isto contando cun sistema de control que nos deixa elixir entre manexar a acción cun único dedo ou empregar un mando virtual.
O xogo pode descargarse de balde na App Store ou a través de Google Play, incluíndo compras dentro da aplicación, que normalmente consisten na adquisición de xemas coas que poder desbloquear elementos no xogo.

MARVEL Future Fight viviremos intensos combates con personaxes moi conocidos para os seareiros da Marvel


Vídeo promocional do xogo

PUBLICIDADE