MAME-CAM, a mini-cámara con forma de cámara
venres, 18 de febreiro do 2011
Os xaponeses son
considerados popularmente coma os mestres da miniaturización, e aÃnda que
pareza un tópico, Thanko quere demostrar que é unha sona merecida coa súa MAME-CAM, o que
parece ser unha cámara réflex de xoguete,
cun tamaño de 3 x 2,7 x 2,7 centÃmetros e un peso de 11 gramos, que pode
acoller no seu interior unha tarxeta microSD de ata 32 Gb, na que almacenar
imaxes JPEG de 1.600 x 1.200 pÃxeles e vÃdeos en AVI a 640 x 480 pÃxeles a 30
cadros por segundo que toma esta cámara en miniatura.
Este curioso dispositivo sorprende por ser funcional, e incluso pode conectarse
ao PC a través de USB tanto para acceder aos seus contidos como para cargar a
súa baterÃa interna (que achégalle
enerxÃa para poder gravar ata 36 minutos de vÃdeo). A MAME-CAM está á venda
por 7.980 iens (70,06 euros) e aÃnda que resulte discutible a súa compra coma
cámara dixital ordinaria, o feito de poder empregala a xeito de chaveiro ou
colgante mellora o seu atractivo coma produto curioso ou agasallo.
- A MAME-CAM pode levarse coma un colgante bastante orixinal
- Esta cámara en miniatura almacena os contidos en tarxetas microSD de ata 32 Gb