Lugo reúne aos seus emprendedores no StartupDay de ViaGalicia

venres, 16 de outubro do 2015 Redacción

Co fin de promover ideas e proxectos e axudar a convertelos en negocios reais, a Xunta de Galicia e mailo Consorcio da Zona Franca de Vigo convocaron a terceira edición da aceleradora de empresas ViaVigo que este ano estrea nova sede nas instalacións luguesas da Fundación CEL, ViaLugo. Este proxecto nace coa vontade de acoller os novos proxectos xurdidos no norte da nosa terra e, co tempo, chegar a replicar o modelo polas catro provincias e para todos os sectores de actividade baixo o nome de ViaGalicia. E volvendo ao presente, hoxe Lugo acolle o seu encontro ViaGalicia que reúne a un centenar de emprendedores para poder avaliar capacidades como os graos de innovación dos 40 proxectos empresariais preseleccionados nesta provincia para participar na terceira convocatoria desta aceleradora de empresas, así como a solidez dos seus equipos xestores.
Así, desenvolvéronse na sede en Lugo de ViaGalicia (situada na Fundación CEL) Iniciativas por Lugo unha serie de dinámicas de grupo baixo a fórmula xa convencional dun Startup Day que, ao longo de todo o día, reúne aos emprendedores que aspiran agora a pasar á fase de Academia da aceleradora.
Lugo súmase por primeira vez a unha convocatoria de ViaGalicia, que estableceu a súa sede para a zona norte de Galicia. Tras a fase de inscrición e primeira preselección de proxectos puxéronse en marcha as citas Startup Day, celebrada en Vigo (no Centro de Negocios Porto do Molle) a pasada semana e en Lugo hoxe, e que permiten unha valoración máis profunda dos proxectos empresariais presentados e a selección daqueles que pasarán á fase de Academia de ViaGalicia (20 por cada sede), que dará comezo en Vigo o día 30 de outubro e en Lugo o 6 de novembro, e que implica un plan de formación específico que se prolongará durante sete semanas en cada unha das sedes.
Á súa vez, da Academia sairán os 15 finalistas que serán premiados cun financiamento de até 125.000 euros, baixo as modalidades de subvención a fondo perdido, a través da Axencia Galega de Innovación, e de empréstamos participativos, outorgados polas sociedades de capital risco Xesgalicia e Vigo Activo.
En que consiste o StartupDay? Trátase da organización, nunha única xornada de doce horas de duración, dunha serie de exercicios e dinámicas de grupo dirixidas por un total de 17 avaliadores e deseñadas co obxecto de avaliar as habilidades persoais dos promotores dos proxectos empresariais presentados, como paso previo á selección dos 40 (20 por sede) que participarán nas dúas Academias e dos que, nunha posterior avaliación, sairán os 15 finalistas que participarán no proceso de aceleración que terá lugar no Centro de Negocios de Porto do Molle.
Proxectos seleccionados StartupDay na sede de Lugo
1 Nos Juntamos
2 Domesting
3 Cloud DADIS
4 WeKAb
5 Wood Feelings
6 Il Magnate
7 Hortoglobal Arco Atlántico
8 Peryco.com
9 E-Monte
10 Quality iAuditoría
11 Faragulla
12 Qubiotech, Health Intelligence
13 iBeeAgro
14 OpositaTest
15 SwimWear
16 ConetCam
17 Phottic
18 SmartJump
19 Keko Tukos
20 Xénese ETE
21 Obrador Helado Artesano y Repostería
22 TasteLab
23 Instituto Organización Sanitaria
24 Fly Away
25 TrikesTK
26 Biwid
27 Castañam
28 Queso Artesano
29 NUbINGS
30 Aero Vahana
31 Tilín Tilín
32 Coincelt
33 Imagames
34 Westoreapp
35 iTechnos
36 Energy Fly
37 Sedaqua: Depuración Ecológica
38 Lucecús Xestión Teatral
39 NotSantas
40 Pilgrim
Proxectos seleccionados para o StartupDay en Vigo
1 ILikeYourWiFi
2 Resetea
3 NanoSynthesis&Consulting NSC
4 La Despensa del Campo
5 Davriox
6 Celtalga Extract
7 BioFast
8 Quick DaySayler Yachts
9 Grupo Tecnológico ARBINOVA
10 S-REC
11 Rent a Trader
12 Bendita Cocina
13 Porción GALIBEEF
14 Obrantia
15 FitValve
16 RobotiLab
17 MIRTech
18 2ndOn
19 Foodie
20 M International Audiovisual
21 EverNight
22 Twibex35
23 VMS: Vehículo Motorizado Stilz
24 PescaSpot
25 DIKA Water Flames
26 GYMMER
27 VASHIM
28 Scenon
29 Mercado Flotante
30 ForMORE
31 Mytilus Manager
32 Mindtastic.com
33 Quiroo
34 Guertea
35 Trendon.me
36 Lokit
37 eDomesTIC
38 QUP
39 Bluscus
40 HEATEX Textiles Calefactables

PUBLICIDADE