Lucky’s Tale estrea versión para Quest 2

xoves, 18 de novembro do 2021 Marcus Fernández

En 2016 o casco de realidade virtual Oculus Rift estreouse cuns poucos xogos que axudaron á xente a familiarizarse coa realidade virtual, como Lucky’s Tale, título de plataformas que gañou o corazón de moitos xogadores e que Playful Studios vén de remasterizar para Oculus Quest 2, de xeito que conta agora con iluminación e renderizado actualizados, audio remesturado e mellores movementos por parte do personaxe protagonista, Lucky, pequeno raposo ao que controlaremos en terceira persoa mentres corre, salta, trepa e xira nun mundo cheo de cor.
Este xogo de plataformas no que podemos introducirnos de xeito inmersivo sae á venda a un prezo de 19,99 euros, e promete unha cómoda experiencia de xogo, sendo un título apto para todas as idades e niveis de destreza que agora ábrese a un público moi amplo, xa que actualmente as Quest 2 superan os 10 millóns de unidades, converténdose no dispositivo de VR de maior éxito até o momento.

Tráiler de Lucky’s Tale para Quest 2

PUBLICIDADE