Luar Na Lubre organiza un concurso en YouTube

venres, 28 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O grupo musical Luar Na Lubre quere tirar proveito da proliferación de vídeos coa súa música que aparecen en YouTube, polo que decidiron organizar un concurso para que os seus seguidores remitan as súas propias montaxes. Entre os participantes sortearán CDs asinados e camisolas do grupo.
Os vídeo en concurso deberanse engadir ó grupo de YouTube creado por Luar Na Lubre, que neste momento xa conta con 26 clips ambientados coa música dunha das formacións de música folk máis populares de Galicia.

PUBLICIDADE