Lowi estrea unha tarifa de fibra e móbil por 34,95 euros/mes
martes, 13 de agosto do 2019
Semella que coa proximidade dun novo curso os operadores de
telecomunicacións non só están a lanzar novas ofertas en función dos contidos
televisivos, senón que tamén buscan atender aos clientes que non queren
contratar servizos de televisión con prezos moi axustados, e asà temos agora
como Lowi
lanza por tempo limitado a súa tarifa Buena, Bonita, Barata de fibra
con móbil, que por 34,95 euros/mes achega fibra óptica a 100 Mbps simétricos e
móbil con chamadas ilimitadas e 20 GB de datos.
Esta promoción que estará vixente até finais de outubro e poderá contratarse
tanto por clientes novos como actuais, sendo compatible con outras vantaxes de
Lowi como acumular os datos non consumidos até o mes seguinte, poder compartir
datos con outros clientes de Lowi e gozar de conectividade baixo a rede de
Vodafone.
A fibra de Lowi ten un compromiso de permanencia de 3 meses.