Logitech presenta unha cámara web articulada
luns, 11 de setembro do 2023
Para os creadores
de contido que queiran amosar nos seus directos, nas súas charlas ou nas súas
presentacións algún contido non dixital de xeito cómodo están a preparar a Logitech Reach, unha solución que
aposta por unha cámara web articulada e versátil, que basicamente consiste
nunha cámara Logitech Streamcam Full HD conectada a un brazo con soporte.
A Logitech
Reach permite o movemento lateral da cámara con un simple xesto; pode mover
a imaxe verticalmente grazas a un zoom até 4.3x sen perdas con enfoque automático;
a cámara tamén pode inclinarse para achegar o punto de vista que desexemos; e
todo funcionando directamente a través dunha conexión USB que simplemente funciona
con practicamente calquera solución de videoconferencia e transmisión de vÃdeo.
Esta solución que pode resultar moi axeitada para creadores de contido,
xogadores, docentes e profesionais chegará en breve ao mercado, prevéndose
que teña un prezo de entre 300 e 400 dólares (cómpre indicar que a
Streamcam solta xa custa 180 dólares).
VÃdeo no que presentan as posibilidades da Logitech Reach