Logitech presenta un volante para a Wii
xoves, 21 de agosto do 2008
A Nintendo Wii permite o uso de xogos de carreiras co seu popular mando
sensible ao movemento, pero está claro que esa experiencia de uso non é
comparable ao da que se acada con volantes tradicionais, polo que Logitech
lanzará en novembro un volante para Wii por 99,99 dólares (o que poderÃa
traducirse en 89,99 euros).
O Logitech
Speed Force Wireless poderá empregarse tanto sobre unha mesa como sobre o
regazo, incorpora force feedback para
un maior realismo na condución, funciona sen fÃos pero coma desvantaxe non
conta con pedais (aÃnda que si con controis analóxicos que fan a mesma
función).
O volante será compatible con Need for
Speed Undercover, o xogo de carreiras que poderÃa ser o primeiro en tirar
proveito das funcionalidades deste periférico que tamén serÃa compatible con
tÃtulos anteriores (pero que claramente non empregarán funcións coma o force feedback).