Logitech presenta un sistema de control para xogos de iPhone 5/5S
mércores, 20 de novembro do 2013
Xa hai un par de anos que Android 4.0
incorporou a posibilidade de que os seus xogos puidesen facer uso dun xeito
oficial de mandos de xogo, pasos que Apple seguiu co seu iOS 7, o que nos
vindeiros meses espérase que provoque o lanzamento de numerosos accesorios para
facilitar o uso do iPhone e do iPad para xogar con controis táctiles, sendo un
dos máis prometedores o que vén de presentar Logitech, pois o mando
PowerShell non se limita a engadir unha cruceta e botóns de disparo ao
iPhone 5/5S e iPod Touch (de quinta xeración), senón que tamén integra unha baterÃa
de 1.500 mAh, o que incremente a autonomÃa do dispositivo móbil (prestación moi
interesante se temos en conta o elevado consumo enerxético dos xogos).
Este novo accesorio de Logitech ten un deseño moi plano, facilitando o seu
transporte, pesa 120 gramos, deixa libre o acceso ás funcións do teléfono (non
bloquea a cámara nin os botóns do terminal), integra un adaptador para
auriculares (que afasta os cables das nosas mans, para que poidamos xogar
comodamente). Xa está dispoñible
para a súa reserva a un prezo de 99,99 euros, e espérase que comecen a
enviarse as primeiras unidades aos seus compradores no mes de decembro.
Os xogos
que con compatibles con este novo sistema de control son xa bastantes,
entre os que podemos destacar Asphalt 8:
Airborne, Bastion, Cro-Mag Rally, Gunner Z, LEGO The Lord of
the Rings, LIMBO, Oceanhorn, Scribblenauts Remix e THE
KING OF FIGHTERS-i 2012; sendo de agardar que os tÃtulos que se lancen
dende agora conten con tal posibilidade como un incentivo máis para a súa
compra.
VÃdeo de presentación do novo accesorio de Logitech