Logitech presenta un rato para o sofá

venres, 21 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Os ratos informáticos operan cada vez sobre máis superficies gañando en versatilidade, resultando bastante orixinal nesta liña o Logitech Wireless Mouse M515, que cun formato clásico, conta cunha carcasa sellada para mellorar o deslizamento do dispositivo sobre superficies brandas coma almofadas, o sofá ou telas, evitando que o po e o peluxe altere o seu funcionamento.
O rato tamén conta cun sensor de detección da man do usuario (de xeito que desactívase cando non o suxeita unha persoa) e a súa comunicación co ordenador é a través da tecnoloxía sen fíos Logitech Unifying. Chegará ao mercado europeo no mes de abril a un prezo estimado de 49,99 euros.

O M515 é ideal coma rato para o salón

PUBLICIDADE