Logitech presenta un novo teclado mecánico retro-iluminado para gamers
xoves, 4 de febreiro do 2016
Os
xogadores para PC están a ser os usuarios máis esixentes á hora de elixir un
teclado para o seu equipo, e pensando neles temos xa dispoñible en reserva o
novo Logitech
G810 Orion Spectrum, que non se limite a ser un teclado mecánico con
interruptores Romer-G (que presumen
de ser até un 25% máis rápidos que os interruptores mecánicos estándar e un
40% máis durareiros), senón que tamén conta con iluminación RGB, polo que
estamos ante un produto especialmente rechamante á vista.
Valéndose da aplicación Logitech Gaming Software será posible personalizar a
iluminación do teclado tecla a tecla, de xeito que podemos elixir entre 16,8
millóns de cores para cada letra, o que pode resultar bastante cómodo para
identificar as configuracións de botóns que se empreguen en certos xogos
(contando xa con pre-configuracións para máis de 300 xogos). O G810 tamén conta
con controis de acceso multimedia para facilitar a pausa e silencio de vÃdeos e
música, e incluso conta cunha roda de control de volume.
O software de Logitech tamén facilita a as personalización dos xogos empregando
marcos de botóns personalizadas para as teclas de función do teclado.
Outro detalle salientable sobre este teclado USB 2.0 é que funciona coas
versións de Windows que van dende a 7 até a 10, pode axustarse en 3 ángulos de
inclinación diferentes (de 0, 4 ou 8 graos) e o seu prezo é de 195 euros (deixando
claro que non se trata dun produto dirixido a un público xeral, senón a
usuarios moi esixentes).
VÃdeo promocional do novo teclado mecánico de Logitech