Logitech presenta novos produtos para as salas de xuntanzas
xoves, 16 de setembro do 2021
Nos últimos anos Logitech lanzou un amplo abano de
dispositivos para a realización de videoconferencias profesionais, e estes dÃas
leva tal gama de produtos un paso adiante con novos
trebellos orientados ás salas de reunións: un controlador para as salas de
xuntanzas conectadas chamado Tap IP e un panel interactivo (Tap Scheduler) para
controlar as reservas das salas para a realización de xuntanzas. Ambos
trebellos poden conectarse directamente á rede corporativa mediante un cable
Ethernet polo que tamén poden captar enerxÃa para o seu funcionamento,
simplificando a súa instalación.
Con Logitech
Tap IP temos un panel táctil que facilita o manexo de xuntanzas con Microsoft
Teams para Android, para salas de Zoom e para outros servizos de
videoconferencia, e funciona en combinación con solucións de videoconferencia
de Logitech, buscando que os usuarios poidan participar en xuntanzas con vÃdeo
sen ter que preocuparse pola parte tecnolóxica, enfocándose na colaboración.
O Logitech
Tap Scheduler é unha pantalla deseñada para a súa colocación no exterior
das salas de xuntanzas, para saber se están ocupadas (conta con sinais luminosas
para que poida saberse dende lonxe se están en uso), consultar o seu calendario
de xuntanzas de Teams, Zoom, Robin e Meetio, e incluso facilitan a reserva dos
espazos para xuntanzas futuras.
Estes produtos chegarán ao mercado no outono a un prezo de 699 dólares.
- O Tap Scheduler permite xestionar as reservas das salas de reunións