Logitech mellora o son do iPad cun altofalante

xoves, 18 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O iPad de Apple (e algún outro tablet) integra un único altofalante, o que implica que para escoitar son en estéreo hai que empregar auriculares ou empregar altofalantes externos, carencia na que dende Logitech viron unha oportunidade e así incorporan ao seu catálogo de produtos o Logitech Tablet Speaker for iPad, un altofalante estéreo compacto e alargado, que pode acoplarse a un tablet de xeito seguro mediante un clip de goma e que conta cunha batería recargable por USB (evitando o cambio de pilas) unha autonomía dunhas 8 horas. Tamén incluirá unha estoxo de transporte e o seu prezo de venda será de 39,99 euros.
É un dispositivo tan válido para ter un son de calidade cando escoitarmos música como par ver películas no iPad, podendo resultar especialmente cómodo de colocar o tablet sobre unha mesa, xa que provoca unha inclinación do mesmo que facilita a lectura/visualización na súa pantalla.

JPEG - 38.2 KB
O altofalante para iPad de Logitech resulta especialmente cómodo cando o usamos sobre unha mesa

PUBLICIDADE