Logitech lanza unha guitarra de luxo para a Xbox 360

xoves, 18 de xuño do 2009 Marcus Fernández

O pasado mes de outubro Logitech anunciou o lanzamento dunha guitarra sen fíos para as consolas PS2 e PS3 de auténtico luxo, pois o seu acabado realista incluía materiais coma os das guitarras de verdade (mastro de madeira, teclas de palisandro e trastes metálicos) e permitía que o seu afortunado posuidor puiderse presumir ante os amigos de ser un auténtico heroe da guitarra, pero os usuarios da Xbox 360 estaban marxinados desta posibilidade, o que cambiará no mes de agosto, cando chegará ás nosas tendas a Logitech Wireless Guitar Controller para Xbox 360, que conta coa licenza de Guitar Hero (e mesmo incorpora a zona táctil do mastro que se incorporou a este tipo de dispositivos co lanzamento do Guitar Hero World Tour) e os seus compoñentes de calidade permiten un funcionamento «virtualmente silencioso», aínda que o seu prezo será bastante elevado (199,99 euros).
Dende Logitech presentan a guitarra así:

PUBLICIDADE