Lockitron, o pecho para a porta que se controla dende o móbil, acada financiamento en poucas horas
xoves, 4 de outubro do 2012
Esta semana veu a luz un
proxecto que busca eliminar as chaves dos pechos para substituÃlas por unha
opción máis tecnolóxica, o Lockitron,
que permite abrir e pechar portas dende o teléfono móbil de distintos
xeitos. Esta solución é de doada instalación e permite controlar o pecho da
porta dende calquera teléfono móbil (tanto mediante aplicacións como mediante
correo electrónico ou mensaxe de texto) e incluso integra funcionalidades como comprobar
remotamente se a porta está pechada ou recibir unha notificación cando alguén
pete na porta ou cando alguén use a porta.
- Unha aplicación móbil facilita o control do pecho a distancia
Os usuarios de iPhone 4S/5 tamén poden facer que, mediante Bluetooth 4.0,
Lockitron detecte a proximidade do móbil, e desbloquéese, o que resulta moi
práctico, e serÃa un deses servizos propios do fogar do futuro que pretende
facerse realidade no mes de marzo, polo que abriron unha quenda de pedidos que tiña
como obxectivo para garantir a viabilidade do proxecto acumular encargos por un
total de 1.000 unidades a 145 dólares cada unha, o que conseguiron facer só
nunhas horas, pois no
primeiro dÃa de reservas deste produto xuntaron máis de 500.000 dólares (e
no momento de escribir estas liñas xa superaran o millón de dólares)
demostrando o interese por este tipo de produtos e a grande aceptación da que
están a gozar as iniciativas de crowdfunding para a creación de trebellos innovadores.
VÃdeo de presentación do Lockitron