Localizan en California un perturbador de frecuencias instalado nunha residencia

luns, 30 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Estamos afeitos a escoitar falar dos mal chamados inhibidores de frecuencia (cando realmente son perturbadores que interrompen as comunicacións sen fíos mediante interferencias moi potentes) en operativos de seguridade, pero en Morgan Hill (California, EE.UU.) sorprendeu estes días un caso bastante absurdo, no que, tras as queixas pola perda de sinal de móbil, satélite e Wi-Fi nunha zona, as forzas policiais tiveron que localizar a fonte das interferencias e, unha vez localizada a vivenda da que proviñan solicitaron autorización xudicial para poder entrar e atopar un par de perturbadores que incluso deixaron fóra de servizo os móbiles e as radios dos axentes que procederon ao apagamento dos dispositivos.
Tendo en conta que este tipo de sabotaxe nas telecomunicacións non só son ilegais, senón que teñen graves consecuencias ao impedir as comunicacións de servizos de emerxencia, polo que o responsable de tal instalación podería ter que afrontar fortes sancións, aínda que o máis rechamante de todo isto foi que un dos dispositivos que provocaba as interferencias era un GB-E8 5G Signal jammer, ou sexa, un trebello cunha forma semellante á dun router con múltiples antenas, que pode adquirirse con total impunidade por uns 120 dólares, e que pode interromper as comunicacións móbiles (dende 2G até 5G) e as redes Wi-Fi, funcionalidade que non está permitida para o público xeral baixo ningún suposto.

PUBLICIDADE