LittleBigPlanet inspira un xogo de carreiras de karts

xoves, 22 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O estudo Media Molecule está a celebrar o seu sexto aniversario con grande éxito e dúas entregas da saga LittleBigPlanet para PlayStation 3 ás costas, e aínda que tamén fan desenvolvementos para plataformas portátiles, finalmente tiveron a ben anunciar oficialmente un novo xogo da franquía para PlayStation 3: LittleBigPlanet Karting. Este xogo que chegará ás tendas este mesmo ano podería considerarse como o Mario Kart de PS3, pero non quere quedar nun mero xogo de carreiras, e vai explotar tamén o punto forte de LittleBigPlanet, a creación, de xeito que chegará co lema “xoga, crea e comparte”.
Esta mestura entre os clásicos xogos de karts e a franquía de Sackboy promete unha experiencia moi completa, atinada para todas as idades e para xogadores de distinto nivel, do que podemos ver un pequeno avance no seu vídeo de presentación:

PUBLICIDADE