LittleBigPlanet 2 chegará a primeiros de 2011

xoves, 23 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Aínda que LittleBigPlanet non conseguise converterse nun xogo supervendas que servise de icona para Sony e a súa PlayStation 3 (como parecía ser a intención da compañía) do mesmo xeito que Mario representa a Nintendo, o título desenvolvido por Media Molecule resultou moi refrescante e non lle faltan seareiros, o que levou a que estrease versión para PSP e que agora estean a preparar unha secuela que finalmente adía o seu lanzamento do 2 de novembro de 2010 a xaneiro de 2011, gañando así un tempo adicional de desenvolvemento para pulir as numerosas novidades que achegará LittleBigPlanet 2.
Pese a que o argumento dos responsables do xogo é que o xogo aínda non está o suficientemente maduro para chegar ao mercado, este tipo de cambios de calendario de última hora tenden a responder a estratexias comerciais, pois os xogos procuran saír afastados de grandes estreas para evitar seren eclipsados e ter unha mellor fiestra de explotación.

PUBLICIDADE