Litl Webbok, un sinxelo ultraportátil para o fogar
xoves, 5 de novembro do 2009
Os ordenadores
ultraportátiles parecen cortados todos polo mesmo molde, de aà que sorprenda o
anuncio do Litl Webbook, un equipo
con pantalla abatible de 12,1 polgadas (cun ángulo de visión de 178 graos) que venden
nos EE.UU. por uns esaxeradÃsimos 699 dólares (470,11 euros), e que
estarÃa dirixido a usuarios que habitualmente non manexan ordenadores.
O Litl Webbook non parece ter un hardware excepcional, funcionando cun
procesador Atom a 1,6 Ghz, cunha gráfica capaz e traballar con vÃdeos a 720p e
con saÃda HDMI, 1 Gb de RAM, 2 Gb de SSD, Wi-Fi, toma para auriculares,
infravermellos (para un mando a distancia opcional) e USB.
- O Litl Webbook estarÃa dirixido para o seu uso por calquera membro da familia, incluso os menos familiarizados coa tecnoloxÃa
O distintivo do
Webbook serÃa o seu software, pois opera con Litl OS, o que poderiamos
describir coma un S.O. orientado á web, con actualizacións automáticas
(evitando a interacción do usuario en tal proceso) e unha interface minimalista,
na que iconas, menús e cartafoles non serÃa percibidos polo usuario,
executándose todas as aplicacións a pantalla completa e optimizándose o acceso
a fotografÃas, redes sociais, mensaxerÃa, navegación web e reprodución
multimedia, convertendo a experiencia informática nunha práctica máis próxima
ao uso dun reprodutor de DVD que dun ordenador.
Haberá que agardar para ver se toda esta simplicidade xustifica o elevado prezo
deste equipo.