LinkedIn estrea aplicación para Windows Phone

martes, 15 de maio do 2012 Marcus Fernández

O número de aplicacións para Windows Phone 7.5 segue en aumento, de xeito que as apps de referencia para dispositivos móbiles están case todas dispoñibles, chegando onte mesmo unha delas: a aplicación oficial de LinkedIn. Estamos ante unha ferramenta que facilita a comunicación con máis de 150 millóns de usuarios de todo o mundo que participan nesta plataforma profesional.
Con LinkedIn para Windows Phone é doado acceder á nosa rede social profesional en mobilidade, consultar as actualizacións en tempo real con novas e información das nosas conexións, ler novas de interese do noso sector, estar ao día dos nosos grupos profesionais, buscar empregos e seguir novas das nosas empresas favoritas.
Dende LinkedIn aseguran que quixeron desenvolver unha das mellores aplicacións para Windows Phone, aproveitando as posibilidades deste sistema operativo móbil e incluso ofrecendo algunhas funcionalidades superiores ás das aplicacións da compañía para iOS e Android.

A aplicación está adaptada á interface Metro de Windows Phone

PUBLICIDADE