Lightworks estrea beta pública para OS X
martes, 10 de xuño do 2014
O veterano editor de vÃdeo
Lightworks, con máis de 20 anos de historia, está xa dispoñible para
Windows e Linux, e finalmente lanzou unha beta pública para OS X, de xeito que
os usuarios dun equipo de Apple que queiran botar un ollo a esta potente
ferramenta poden descargar
de balde a beta da versión 12.0, que conta aÃnda con bastantes limitacións
e problemas coñecidos, pero que permite asà avaliar se estamos ante un produto
que poderÃa axustarse ao noso fluxo de traballo no futuro.
Este editor de vÃdeo profesional tamén destaca pola súa estrutura de prezos,
que é bastante flexible, pois tanto podemos pagar 214,99 euros polo produto
completo, como podemos optar por subscribirnos ao mesmo por 59,99 euros/ano ou
5,99 euros/mes. Pero estamos a falar da versión profesional da aplicación, xa
que a mesma tamén conta cunha versión de balde, que ten restrinxidas as
funcionalidades de vÃdeo de alta calidade para orientarse claramente ao vÃdeo
producido para a súa reprodución a través da Internet, o que pode contribuÃr a
captar usuarios para a súa versión profesional. Mentres a versión de balde pode
producir vÃdeos de ata 720p, a versión completa permite entregar vÃdeo en ultra
alta definición, asà como vÃdeo esteroscópico, soportando numerosos formatos de
saÃda e soporte para as máis populares tarxetas de vÃdeo profesionais.
Cómpre lembrar que estamos ante unha aplicación para usos principalmente
profesionais, polo que é bastante esixente en hardware, e o feito de contar
cunha nova versión para OS X pode resultar de grande interese para os estudios de
edición que traballen con diversidade de equipos informáticos, xa que contar cunha
solución multi-plataforma pode flexibilizar considerablemente os contornos de
traballo.