Levi’s estrea tenda en liña europea

xoves, 10 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A marca de roupa Levi’s xa vende roupa a través da Internet en Europa, e incluso teñen versión en español do seu mostrador en liña, ofrecendo as súas prendas ao mesmo prezo que nas tendas físicas (agás ofertas puntuais) polo que inicialmente non parece ter máis utilidade que o facilitar a adquisición de roupa desta marca alí onde non haxa puntos de distribución oficiais (os envíos entréganse en 6 días laborais cuns gastos de envío de 5,99 euros) ou para conseguir algunha peza que estea esgotada na nosa localidade.
Deixando a compra directa a un lado, esta nova web tamén serve á perfección coma catálogo en liña, amosando non só imaxes detalladas dos produtos, senón tamén a posibilidade de ver cómo quedan a través de modelos virtuais que podemos contemplar en vistas de 360 graos.

PUBLICIDADE