Level-5 levará ao móbil varios dos seus xogos de consola portátil
martes, 7 de abril do 2015
O
popular estudio xaponés Level-5 anunciou hoxe que un par das súas franquías
máis populares en consola portátil, Fantasy
Life e Professor Layton, van
explorar novos territorios a través de videoxogos móbiles con bastantes
características diferentes aos títulos principais das súas sagas, para
adaptarse así máis aos tipos de xogo propios dos smartphones.
No caso de Layton 7
temos un título moi afastado dos típicos quebracabezas que puidemos ver nas
portátiles de Nintendo, e trataríase dun xogo de naipes,
mentres que Fantasy Life 2 si tería unha
aparencia semellante ao xogo de rol orixinal, pero dándolle
unha maior importancia á construción da cidade (fórmula que ten demostrado
grande éxito en dispositivos móbiles). Ambos xogos teñen previsto chegar ao
mercado xaponés no verán, contando con versións para iOS e Android, mentres que
polo momento non se sabe se os veremos en Europa.
- Fantasy Life 2 manterá a aparencia da súa versión de consola, pero apostando máis pola construción da cidade