Lentes de vídeo de Carl Zeiss

venres, 3 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O consumo audiovisual persoal cada vez ten máis partidarios, e os máis esixentes deste tipo de intimidade poden optar agora polas lentes de vídeo Carl Zeiss Cinemizer, que achegan a sensación de estar fronte a unha pantalla de 45 polgadas a 2 metros de distancia nun pequeno dispositivo de 115 gramos de peso cunha autonomía de 4 horas (e un tempo de carga de 2,5 horas a través de USB).
As lentes empregan iluminación LED, contan cunha resolución de 640 x 480 píxeles, poden conectarse a distintas fontes de vídeo (incluíndo o iPhone, o iPhone Touch, o Nokia N95 ou o N96) e mesmo contan con enfoque gradual para miopes. O seu prezo de venda é de 400 euros, polo que aínda é bastante elevado para un uso masivo (o que tamén resulta complicado, xa que este tipo de trebello non se pode empregar durante moito tempo xa que fatiga a vista).

As lentes permiten ver ao grande os vídeos reproducidos dende dispositivos coma o iPhone

PUBLICIDADE