Lentes de sol con cámara de vÃdeo integrada
luns, 10 de setembro do 2007
Unha
tenda británica está a vender pola Rede uns lentes de sol que integran na súa
montura unha cámara e que se comunica cun reprodutor/gravador de vÃdeo con
32 Mb de memoria (ampliable con tarxetas SD ou MMC).
Deste xeito, o que vemos polos lentes podémolo gravar
a unha resolución 510x492 (para NTSC) ou 500x582 (para PAL), o que non é a
mellor definición do mundo, pero está moi preto da resolución dun DVD.
O equipo serÃa axeitado para xornalistas de investigación, investigadores
privados e, por qué non dicilo, miróns,
xa que permite facer gravacións dun xeito moi disimulado, aÃnda que o seu prezo
non está ó alcance de calquera peto, xa que custan 816,63 libras con
impostos incluÃdos (uns 1.202 euros).