Lentes de sol con Bluetooth

luns, 19 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

As lentes de sol pensadas para a reprodución multimedia non son ningunha novidade, pero uns fabricantes as fan con máis coidado que outros, e na pasada edición do CES en Las Vegas se puideron ver en vivo as lentres de TriSpecs, que combinan moda e tecnoloxía nun dispositivo que inclúe auriculares estéreo, tecnoloxía de cancelación de ruído e conectividade Bluetooth, polo que pódese empregar tanto para escoitar música como facendo de mans libres do teléfono móbil.
Os auriculares son retráctiles (pódense agochar nas patillas das lentes cando non se estean a utilizar) e na parte superior das patillas inclúense os controis deste dispositivo (para a reprodución multimedia, o control de volume e a resposta de chamadas cun único clic) que tamén soporta ordes de voz e conta cun rango de volume dinámico (que se axusta ao ruído que haxa no contorno).
As lentes de TriSpecs aínda non chegaron ás tendas, pero agárdase que teñan un prezo de venda de preto de 200 dólares.

PUBLICIDADE