Lenovo presenta un tabletphone

martes, 29 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O LePad S2005 destaca pola súa pantalla de 5 polgadas

Nos últimos meses temos comentado que os smartphones están a acadar tamaños de máis de 4 polgadas que estreitan a barreira cos tablets, e dende Lenovo van un paso máis aló co seu LePad S2005, dispositivo con Android 2.3.5 que vén cunha pantalla LTPS de 5 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador Qualcomm de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, cámaras de 5 e 1,3 Mpíxeles, batería de 1.680 mAh, micro USB, micro HDMI, HSPA+, 9,95 milímetros de grosor e 198 gramos de peso que algúns xa chaman tabletphone, por ser demasiado grande como para poder considerarse un móbil, e destacando fronte a outros MID por contar con funcionalidades de teléfono móbil.

PUBLICIDADE